Blog de Luciacastrolopez

COMPOSICIÓN: MOVEMENTO OBREIRO

CONFLICTO DAS SELFACTINASTRABALLADORAS DA FÁBRICA DE TABACO DA CORUÑA

As orixes do movemento obreiro en España sitúase en Cataluña, nas décadas de 1830 e 1840, xa que era o único lugar do país  onde existía unha industria moderna, o sector  téxtil algodoeiro. Alí tiveron lugar os primeiros conflitos entre obreiros e patróns e alí, tamén, fundouse no 1840 o primeiro sindicato da historia de España, a Asociación de Tejedores  de Barcelona. Tamén en Cataluña, tivo lugar a primeira folga xeral en  1855 durante o bienio progresista.

Esta folga xeral  viña precedida polo coñecido como conflito das selfactinas, que se desenrolou en Barcelona durante o mes de xullo de 1854, contra a mecanización do fiado facilitado polas máquinas automáticas chamadas selfactinas; que aforraban man de obra a que se achacaba o paro forzoso de moitos traballadores.

EN España, as primeiras reaccións contra a implantación da maquinaria no proceso de produción  e contra o paro forzoso que resultaba da mecanización (Ludismo) producíronse  en Alcoi, no 1821

O movemento obreiro estenderíase a outras cidades e pobos da península, como por exemplo Galicia, que viviu tamén conflitos obreiros sonados como o da fábrica de Tabaco da Coruña,o que se fai alusión no documento nº 1, alí as cigarreiras, amosaron a súa desconformidade ca súa situación laboral: Alporizáronse aquelas catro mil mulleres, arremetendo contra os xefes e empregados do establecemento, destruíndo todo o tabaco (…), racharon e fixeron anacos as máquinas novas (…), tirándoas ao mar, o mesmo que os mobles, papeis, libros de caixa e efectos que atoparo nos cuartos do director”. Esto acontecía durante o inestable e case rematado goberno de Narváez o 13 de decembro de 1857.

A primeira folga xeral da historia de España veu precedida ademáis de polos conflictos laboráis xa mencionados das  selfactinas,  pola represión do movemento obreiro que levou a cabo o xeneral Zapatero, prohibindo as asociación e anulando os convenios colectivos vixentes entre traballadores e patronal. Cómo vimos dicindo a resposta a estas accións foi a folga xeral do 1855.

 Os folguistas, só volvelron o traballo cando o xeneral Espartero, enviou a Barcelona a un representante persoal seu. Pedía a confianza dos traballadores para axudalos, entón as asociación obreiras elaboraron e mandaron a Madrid, un escrito titulado: Exposición de la clase jornalera. Neste escrito os traballadores queixábanse dos baixos salarios, do traballo feminino e infantil e das duras condicións de vida que soportaban; a isto faise referencia neste par do documento 2 : “Hai anos que a nosa clase vai camiñando cara á súa ruína. Os salarios minguan. O prezo dos comestibles e dos cuartos é máis alto. As crises industriais sucédense. Temos que (...) mandar ao taller as nosas donas con prexuízo da educación dos nosos fillos, sacrificar a estes mesmos fillos a un traballo prematuro.”

Tamén pedían neste documento que se lles deixase exercer libremente o seu dereito a asociarse : "Pedímosvos unicamente o libre exercicio dun dereito: do dereito de ASOCIARNOS.”.

Este escrito foi abalado por 33.000 firmas e presentado a través do periódico obreirista que fundaron en Madrid chamado El Eco de la clase Obrera..


A partir do 1868, ano no que tivo lugar a chamada revolución de “A Gloriosa “  prodúcese a consolidación do movemento obreiro, é neste momento cando xorde a AIT (Asociación Internacional de Traballadores) ou I Internacional. Este cambio foi resultado da modernización económica, do desenvolvemento do capitalismo industrial e financieiro e da influencia que en España tivo a loita obreira doutros países. Impulsada pola corrente marxista pretendía ser o referente internacional das organizacións obreiras para posibilitar unha acción coordinada.Isto aumentou a conflitividade social. Esta asociación tiña un pensamento marcadamente Anarquista e fundamentábase nos piares básicos desta corrente de pensamento como son: a soberanía popular, o antiestatalismo, o anticlericalismo,  a fe no progreso e o ateísmo.

                           

O ideador deste pensamento foi Giuseppe Fanelli. O anarquismo centrouse na captación de seguidores e na acción terrorista, por todo isto os seguidores desta corrente eran perseguidos.

Esta corrente supoñía unha ameaza para o poder establecido xa que loitaban contra institucións como: o estado, a Igrexa, o exército, a burguesía... atacando incluso o coroa. No documento 3 faise referencia o recelo que espertaba nos poderes fácticos esta asociación: “Proba en verdade que atinxe a reis e pobos, a sacerdotes e profanos, ao cidadán humilde e ao elevado magnate, á relixión, á moral, á propiedade, ao traballo; á autoridade, á liberdade, á paz pública; á patria, á familia, á seguridade persoal; á orde, ao goberno, á economía política; e en fin, a todas as entrañas da vida da humanidade.”

La Mano negra foi unha organización que se vinculaba cas asociacións de traballadores españoles, aprobadas pola AIT.

 Esta organización anarquista presuntamente secreta e violenta, actuaba en Andalucía e en Barcelona, atribuíronselle asasinatos, incendios.... Os sucesos desta organización producíronse no bienio 1882-1883 no contexto dun clima de loita de clases no campo andaluz.

Entre a represión e a división ideolóxica a 1ª Internacional acabaría por finiquitar en 1874. Mais antes de que eso ocorrese en España existiu unha Federación Rexional Española de influencia maioritaria anarquista; logo, coa chegada da corrente marxista, parte desa FRE escindiuse e fundou a Federación de Madrid, que sería o núcleo orixinario do PSOE. Partido Socialista Obreiro Español creado en 1879 e, posteriormente do seu sindicato UXT, Unión Xeral de Traballadores que aparecerá en 1888.


O aumento de afiliados ó PSOE e á UXT fixo medrar a influencia do movemento obreiro e cara a 1900 conséguense as primeiras leis de protección laboral para mulleres e nenos. En 1904, curiosamente baixo goberno conservador conséguese o descanso dominical, en 1909 regúlanse as folgas mediante a Lei de folgas, en 1919 apróbase a tan reivindicada xornada laboral de oito horas e en 1921 o retiro obreiro.

Compre salientar que estas conquistas foron debidas tamén a outra importante organización sindical, que naceu en Cataluña en 1910 a partir dunha organización chamada “Solidaridad Obrera”, falamos da xa citada CNT, Confederación Nacional de Traballadores, que divide así o sindicalismo español en dúas grandes tendencias: os marxistas da UXT e os anarcosindicalistas da CNT. A CNT terá forte implantación da zona industrial catalana e na campesiña do Sur( latifundios), e a UXT triunfará en Madrid, Pais Vasco, Asturias….. Precisamente a unión destes dous sindicatos durante a crise de 1917 fixo posible unha folga xeral. Como aparece no manifesto do documento 4: “E respondendo a este convencemento, os representantes da Unión General de Trabajadores e os da Confederación Nacional Trabajo acordaron por unanimidade: Primeiro: (...) co fin de obrigar ás clases dominantes a aqueles cambios fundamentais de sistema que garantan del ao pobo o mínimo das condicións decorosas de vida e de desenvolvemento das súas actividades emancipadoras, imponse que o proletariado empregue a folga xeral, sen prazo definido de terminación,como a arma máis poderosa que posúe para reivindicar os seus dereitos”.


Comentarios

No hay ningún comentario

Añadir un Comentario: